Novo Laboratorio de Innovación Pública liderado polo INAP

25/02/2022

O INAP quere apoiar os procesos de cambio das administracións públicas contribuíndo a pór en valor a tecnoloxía, o talento e o coñecemento experiencial que interveñen neses procesos e que están dispoñibles nas organizacións públicas e na sociedade. E gustaríalle instrumentalizar esa función de apoio a través dun Laboratorio de Innovación Pública liderado polo organismo, como espazo permanente de encontro, debate, análise, experimentación, intercambio e colaboración no ámbito das políticas e os servizos públicos.

Se es unha persoa emprendedora e traballas en institucións públicas ou nunha organización social ou empresarial que pode contribuír á mellora das políticas e os servizos públicos, podes enviar un correo electrónico a lip@inap.es para achegar opinións, ideas ou consellos para este proxecto.