A Dirección Xeral da Función Pública organiza unha serie de xornadas divulgativas para mozos universitarios, estudantes de formación profesional ou recentemente licenciados ou licenciadas, nas que se lles informa sobre que é a Administración, que ten que ofrecerlles como empregadora e as posibles saídas profesionais que ofrece, dando a coñecer o traballo desenvolvido polos empregados e empregadas públicos.