O Boletín Oficial do Estado publica hoxe a Resolución do 21 de decembro de 2021 da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso unitario de provisión de postos de traballo reservados a persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional, correspondente a 2021.
As novidades desta convocatoria son as seguintes:
- Por primeira vez, a solicitude de participación realizarase exclusivamente de forma telemática.
- A valoración dos méritos xerais realizarase conforme a Orde TFP/153/2021, do 16 de febreiro, pola que se regula a valoración dos méritos xerais do persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional.
- Valoraranse os méritos relativos á conciliaciación da vida profesional, familiar ou laboral nos termos establecidos na Orde TFP/153/2021, do 16 de febreiro.