O próximo 1 de decembro entra en vigor o contrato de arrendamento da nova sede de MUFACE en Vigo (Pontevedra), segundo quedou subscrito nun acto institucional que tivo lugar hoxe nas instalacións da Zona Franca.
Ao acto institucional da firma asistiron, como asinantes do instrumento xurídico, Myriam Pallarés Cortón, na súa condición de directora xeral de MUFACE, e David Regades Fernández, vicepresidente e Delegado do Estado no Consorcio. Tamén asistiron o director provincial de MUFACE en Pontevedra, Ramiro Rodríguez Pego, e o xefe da Oficina Delegada, Gonzalo Malvido Carracelas.
Myriam Pallarés agradeceu ao alcalde e ao delegado da Zona Franca a súa dispoñibilidade para pechar o acordo e poder contar cunha sede que albergará a Oficina Delegada e a primeira oficina dixital deslocalizada de MUFACE, apostando así pola desconcentración territorial e funcional, e con ela pola accesibilidade, a máxima inclusión e a igualdade de acceso aos servizos públicos.
Máis información aquí