Premios 2022 da Asociación Internacional de Escolas e Institutos de Administración (IASIA)

12/11/2021

A IASIA (International Association of schools and Institutes of Administration) anuncia a convocatoria de candidaturas para os premios 2022 Donald C. Stone e OP Dwivedi, que honran ás persoas que contribuíron ao avance do benestar da IASIA, así como da administración pública e as políticas públicas no mundo. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 31 de decembro de 2021.

O IASIA é unha entidade do Instituto Internacional de Ciencias Administrativas (IIAS). É unha asociación de organizacións e individuos cuxas actividades e intereses céntranse na administración e xestión pública. A súa misión é fortalecer o desenvolvemento de capacidades administrativas en todo o mundo, promover a excelencia na educación e capacitación da administración pública, e realizar, discutir e difundir investigacións académicas de vangarda e "prácticas intelixentes" sobre gobernación e administración.

As actividades de IASIA están dirixidas á educación e capacitación de administradores e xerentes públicos.

Máis información aquí