Experiencia de aprendizaxe dinamizada, “Fundamentos do Goberno Aberto"

20/10/2021

O INAP ofrece a experiencia de aprendizaxe dinamizada "Fundamentos do Goberno Aberto", cuxa inscrición se abriu o pasado 18 de outubro e finaliza o 1 de novembro.

Os obxectivos fundamentais son, entre outros, explorar a través de exemplos reais, as implicacións do goberno aberto e realizar unha aproximación a novos conceptos como comunicación clara, lectura fácil, deseño social, innovación aberta, ecosistemas de innovación ou laboratorios de goberno.

Esta experiencia de aprendizaxe, está aberta para 1500 empregados e empregadas públicas, desenvólvese na modalidade dinamizada e está deseñada para promover a autonomía de aprendizaxe e a colaboración completando retos en cada módulo, participando nos eventos en directo e abrindo un blogue a modo de bitácora e posibilitando a interacción en redes sociais coa etiqueta #INAPGobiernoAbierto.

- Información detallada da actividade formativa e inscrición electrónica.

- Que é unha experiencia de aprendizaxe dinamizada.

- Vídeo de presentación.