No Boletín oficial do Estado do pasado 31 de xullo publicou as Convocatorias do Ministerio de Facenda e Función Pública de prazas de persoal laboral fixo (acceso libre), IV Convenio Único AGE, con destino nos diferentes Ministerios e Organismos.
Esta convocatoria supón unha oportunidade para aqueles cidadáns e cidadás que estean a buscar un emprego e decidan apostar por incorporarse á Administración para desenvolver o seu futuro profesional, convocatorias correspondentes á Oferta de Emprego Público de 2018.
O prazo de presentación de solicitudes prolóngase ata o 28 de setembro. Convocáronse un total de 2.239 prazas de persoal laboral: 1399 prazas de ingreso libre, 650 prazas de promoción interna e 190 prazas para persoas con discapacidade intelectual. No Punto de Acceso Xeral a través desta ligazón pode consultarse información actualizada sobre estes procesos. Máis información aquí .