MUFACE aprobou onte o Plan Open Data da Mutualidade, un documento de especial valor por canto contén as accións que a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado levará a cabo para fomentar a reutilización da información, dentro do desempeño das funcións que lle encomenda a normativa vixente.
Deste xeito, a información xerada por MUFACE convértese nunha materia prima de gran potencial, cuxa adecuada reutilización reverterá nun conxunto de beneficios para a cidadanía, as empresas e as Administracións Públicas.
O Plan Open Data, que pode consultarse aquí, adecúase ao establecido polo IV Plan de Goberno Aberto 2020-2024 e encádrase dentro dos obxectivos estratéxicos do Plan Avanza 2021-2023 da Mutualidade. En concreto, no referido a Innovación, Calidade, Transparencia e Rendición de Contas.
A reutilización da información, resultante do rendemento dos programas de acción da Mutualidade, servirá, entre outros obxectivos fundamentais, para incrementar a información e participación das persoas mutualistas. Ademais, achega valor ao Sistema Nacional de Saúde, contribuíndo ao seu fortalecemento e axuda a visibilizar a utilidade das mutualidades e a súa achega á sociedade.
Consulta a nota de prensa aqui