O pasado 5 de xuño publicouse no Boletín Oficial do Estado a Resolución de 28.05.2021 da Dirección Xeral da Función Pública pola que se publican as bases de concurso ordinario e convocatorias específicas para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional.
Unha das principais novidades é a tramitación electrónica exclusivamente a través de sede electrónica (a través do Punto de Acceso Xeral, PAG) da orde de prelación de adxudicacións.
Consulta máis información aquí
Convocáronse a cobertura de 197 postos de traballo, ofrécese a seguir a desagregación por Comunidades Autónomas, dos postos convocados:
| Canarias | 85 |
| Andalucía | 25 |
| Castela e León | 18 |
| Comunidade Valenciana | 17 |
| Comuniad de Madrid | 11 |
| Aragón | 9 |
| Cataluña | 8 |
| Rexión de Murcia | 6 |
| Castela A Mancha | 5 |
| Estremadura | 4 |
| Illes Baleares | 3 |
| A Rioxa | 2 |
| Galicia | 2 |
| Asturias | 2 |