Elementos de IA é un proxecto educativo masivo e aberto (MOOC) co fin de facer chegar á maior parte da poboación posible coñecementos e habilidades en torno á Intelixencia Artificial e as súas distintas aplicacións. Trátase dun curso en liña gratuíto que ofrece a toda a cidadanía a posibilidade de formarse e coñecer de primeira man o funcionamento e as oportunidades que ofrece a IA. A Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial será a encargada de pór en marcha o proxecto, coa colaboración da UNED.
A iniciativa ten o obxectivo de lograr que o 1% dos cidadáns europeos teñan competencias básicas nesta materia. No caso de España, levarase a cabo grazas ao apoio académico da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), que proporcionará 2 créditos aos estudantes que realicen o curso. O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital está actualmente en contacto co conxunto de universidades españolas a través do CRUE para que o curso sexa elegible como actividade de libre elección e que os estudantes universitarios poden obter créditos pola súa realización.
O curso enmárcase dentro do Plan Nacional de Competencias Dixitais e da Estratexia Nacional de Intelixencia Artificia. Ambos inclúense no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia –compoñentes 19 e 16- e na axenda España Dixital 2025.
Ten unha duración estimada de 50 horas e conta con seis módulos compostos, á súa vez, por tres seccións.
O peche das fendas dixitais é un dos principais obxectivos de España para unha recuperación baseada nunha dixitalización transversal e inclusiva.
Máis información aquí
O curso está dispoñible na seguinte páxina web: https://www.elementosdeia.gob.es