Nombramiento de funcionarios de carrera del Cuerpo superior de Inspectores de Hacienda

27/04/2021

No Boletín Oficial do Estado de onte 26 de abril publicouse a Resolución do 20 de abril de 2021, pola que nomean funcionarios de carreira do Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado.

Trátase dun corpo da Administración Xeral do Estado adscrito á Axencia Estatal de Administración Tributaria do Ministerio de Facenda do Grupo A1, cuxas funcións son a inspección financeira e tributaria de empresas, autónomos e particulares. Entre os seus labores destacan o velar para que empresas, autónomos e particulares paguen os impostos que lles corresponden, comprobala veracidade das declaracións da renda presentadas polos contribuíntes, corroborar se as empresas cumpren os requisitos para obter incentivos ou beneficios fiscais, así como aplicar réximes tributarios especiais.

Para participar no proceso selectivo os aspirantes han de ter o título de Grao, Licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto.

O proceso selectivo consistirá en cinco exercicios; un primeiro exercicio escrito a contestar un cuestionario de 14 preguntas, das cales 7 han de corresponder a Dereito Civil e Mercantil e outras 7 o serán de Economía Xeral e Economía da Empresa. O segundo exercicio consiste na resolución dun ou varios casos prácticos de Contabilidade e Matemáticas Financeiras. O terceiro exercicio consta de dúas partes: unha resolución dun caso práctico profesional sobre o programa da Oposición e unha Segunda parte que consistirá na tradución directa dun texto en inglés, francés ou alemán, a elección do opositor. O cuarto exercicio consistirá na exposición oral de catro temas: dous temas de Dereito Constitucional e Administrativo, un tema de Facenda Pública e outro tema de Sistema Financeiro Español.

E o quinto exercicio consistirá na exposición oral de tres temas de Dereito Financeiro e Tributario Español: parte xeneral e procedementos tributarios e, parte especial.

Todos los aspirantes que superen la fase de oposición deberán realizar y superar con aprovechamiento un curso selectivo en el Instituto de Estudios Fiscales con una duración de 12 meses lectivos.

Máis información