Convocada unha nova xornada de captación de talento na Universidade de León

02/10/2020

A Dirección Xeral da Función Pública está a desenvolver, desde o ano 2019, un programa de captación de talento que garanta a incorporación de suficientes persoas no sector público para desenvolver con éxito os mellores servizos públicos.

Unha das estratexias para a “captación de talento” é achegar e dar a coñecer as oportunidades de traballo que ofrece a Función Pública. No marco deste proxecto organízanse xornadas en diferentes ámbitos como universidades, colexios profesionais e centros de educación, onde os relatores explican o emprego público como saída profesional.

Neste contexto, está prevista unha nova xornada que terá lugar o próximo 6 de outubro de 2020, ás 12:30 horas, na Universidade de León que terá lugar por videoconferencia. A inscrición previa pódese facer desde https://forms.gle/sqDqUAcKmouDMZQdA

Contará coa participación de:

-Cristina Fernández Ordás, Dirección Xeral da Función Pública

-Micaela García Tejedor, Corpo Nacional de Veterinarios

-Pilar Ortega Jiménez, Escala de Funcionarios da Administración Local con Habilitación de Carácter Nacional.