A biblioteca do INAP abre as súas portas de novo a partir do 1 de setembro

31/08/2020

Tras o peche habitual no mes de agosto, a biblioteca do INAP abre as súas portas o 1 de setembro, en horario de luns a venres de 9.00 a 14.30 horas.

Ademais do servizo de información bibliográfica, a biblioteca ofrece os seus servizos habituais coas seguintes especialidades:

-Para o préstamo e devolución das obras, recoméndase consultar o catálogo web da biblioteca e solicitar o pedimento ou reserva anticipada das obras a través do correo electrónico biblioteca@inap.es. Para as obras que se levan en préstamo, garántese a corentena recomendada de 14 días.

-Os carnés dos novos usuarios realizaranse mediante cita previa ao correo electrónico biblioteca@inap.es.

-A consulta en sala realizarase cun terzo do aforo dispoñible e o posto de lectura se higienizará despois de cada usuario. O estudo en sala realizarase previa cita no correo electrónico biblioteca@inap.es

-Os computadores da biblioteca poderán ser utilizados previa comunicación ao persoal de Biblioteca e se higienizarán despois de cada uso.

Coa implantación destas medidas, continúase traballando na posta a disposición dos recursos bibliotecarios do INAP co obxectivo de favorecer a mellora e o perfeccionamento profesional dos empregados públicos e o desenvolvemento dos estudos e investigacións sobre as administracións públicas.

Acceso á información completa aquí.