Protocolo de colaboración entre o Ministerio de Política Territorial e Función Pública e a UNED para modernizar os procesos selectivos da AGE

02/07/2020

Coa sinatura deste Protocolo no día de hoxe entre o Ministerio de Política Territorial e Función Pública e a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) preténdese desenvolver conxuntamente proxectos e actividades de formación e selección do persoal.

Deste Protocolo xurdirán distintos convenios coas actuacións e compromisos para desenvolver procesos selectivos na AGE por medio da deslocalización das probas selectivas en distintos puntos da xeografía española utilizando os espazos da UNED no territorio.

O protocolo enmárcase dentro do Plan de captación de talento da Administración Xeral do Estado, proxecto que "busca garantir a incorporación suficiente de persoas para desenvolver os mellores servizos públicos e avanzar nunha imaxe emprendedora da Administración Xeral do Estado, así como a das súas empregadas e empregados públicos", segundo manifestou a Ministra de Política Territorial e Función Pública.

Acceso a máis información sobre este acto e á nota de prensa completa a través desta ligazón