O Consello de Ministros, na súa reunión celebrada no día de onte, aprobou o Proxecto de Lei de Institucionalización da Avaliación das políticas públicas na Administración Xeral do Estado, coa que se pretende promover unha verdadeira cultura da avaliación, mediante o establecemento dunha sistematizacion da análise das políticas postas en marcha polo executivo.
Esta norma xa foi aprobada polo Consello de Minstros en primeira volta o 19 de abril e pasou todos os trámites de audiencia pública e agora será remitida ao Congreso dos Deputados para a súa tramitación parlamentaria. A aprobación desta norma constitúe un dos fitos do Compoñente 11 do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia, relativo ao reforzo do sistema de avaliación das políticas públicas.
Con este Proyecto de Ley se persigue reforzar el valor de las evaluaciones de políticas públicas, avanzando en el proceso de institucionalización del análisis de tales políticas, promoviendo una verdadera cultura de la evaluación en la administración y sistematizando las evaluaciones ‘ex ante’ de las políticas públicas.
A norma introduce un enfoque transversal, integral e participativo nas avaliacións de políticas públicas e fortalécense as capacidades do sistema de avaliación de políticas públicas na Administración Xeral do Estado, proporcionando as ferramentas para analizar o impacto das políticas públicas na cidadanía, cun enfoque máis amplo que o meramente orzamentario ou vinculado ao gasto.
Desta forma, este proxecto de lei pretende que a avaliación sirva para facer máis eficaz a asignación dos recursos e para optimizar o proceso de toma de decisións; para impulsar a innovación nas actuacións do sector público, encamiñadas cara a unha xestión moderna e útil para solucionar os problemas e retos sociais. Preténdese así mesmo que a avaliación das políticas públicas permita o control de responsabilidades e a rendición de contas; e contribúa a mellorar a situación dos retos da sociedade, talles como a loita contra o despoboamento e a cohesión territorial, a igualdade de xénero, a sustentabilidade ambiental, entre outros.