O día 26 publicouse a Resolución do Secretario de Estado de Política Territorial e Función Pública prol a que se nomean funcionarios de carreira do corpo Superior de Administradores Civís do estado.
O Corpo Superior de Administradores Civís do Estado é un Corpo xeneralista clasificado no subgrupo A1, polo que para poder presentarse ás probas selectivas de acceso ao mesmo esíxese estar en posesión do título universitario de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou Grao.
Ten un carácter pluridisciplinar, integrando a profesionais con diversa formación de base, que exercen funcións horizontais que poden ser desenvolvidas en distintos departamentos ministeriais. Por este motivo, existen catro ramas diferentes para o ingreso no mesmo: a xurídica, a de ciencias sociais, a económica e a técnica.
O Corpo está adscrito ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública e as súas funcións, orientadas cara ao desenvolvemento de tarefas directivas, concrétanse na realización de actividades de dirección, xerencia, asesoramento e estudo en relación coas distintas políticas públicas desenvolvidas pola Administración Xeral do Estado. Estas funcións desempéñanse nos diferentes ámbitos de actuación da actividade pública (presupuestación, contratación, xestión de recursos humanos, formación, etc.)
A súa actividade desenvólvese no nivel directivo e predirectivo nos distintos órganos centrais e territoriais dos Ministerios e dos Organismos Públicos da Administración Xeral do Estado.
O proceso selectivo consta de catro exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio:
-Primeiro exercicio: Consiste nunha parte de desenvolvemento por escrito dun tema xeral, entre dous propostos polo tribunal, de actualidade política, económica e social de España ou do ámbito internacional. A segunda parte, consiste no desenvolvemento por escrito dun tema xeral relacionado coa materia específica elixida polo aspirante.
-Segundo exercicio: Consta de dúas probas de idiomas.
A primeira, de carácter obrigatorio, consiste nunha tradución directa dun documento redactado en inglés ou francés, segundo a elección do aspirante, e na elaboración dun resumo que lles será lido aos opositores na lingua elixida. A segunda proba ten carácter voluntario e constará das mesmas partes que a de carácter obrigatorio.
-Terceiro exercicio: Consiste en expor oralmente, catro temas do programa tres do grupo de materias comúns e un do grupo de materias específicas do programa.
-Cuarto exercicio, de carácter práctico que consistirá na análise dun suposto ou a preparación dun informe sobre un tema relacionado coas materias especificas
Ao finalizar a fase de oposición, os aspirantes deberán superar un curso selectivo organizado polo INAP coa finalidade de procurar a adquisición de coñecementos, actitudes e habilidades para o exercicio das súas funcións na Administración.