O Pleno do Foro de Goberno Aberto, integrado por 32 representantes das Administracións Públicas e outros 32 en representación da sociedade civil, deu a súa visto e prace ao IV Plan de Goberno Aberto de España 2020-2024.
O IV Plan é resultado dunha estratexia común e compartida entre os distintos actores públicos e privados, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable establecidos na Axenda 2030 e, en particular, coa súa ODS 16, relativo á promoción de sociedades xustas, pacíficas e inclusivas.
O IV Plan de Goberno, está integrado por dez compromisos: nove deles, asumidos pola Administración Xeral do Estado e outro referido a iniciativas formuladas polas Administracións Autonómicas e locais, a través da FEMP.
Os compromisos da Administración estatal asumidos neste IV Plan son os seguintes:
- A reforma do marco regulatorio da transparencia, que inclúe a reforma da Lei de transparencia e a ratificación do Convenio do Consello de Europa sobre acceso aos documentos públicos. Tamén se aprobará do regulamento da vixente lei de transparencia, acceso á información e bo goberno
- Plan de mellora e reforzo da transparencia e a rendición de contas. Este compromiso concretarase en medidas como a mellora do Portal da Transparencia, coa ampliación da publicidade activa e rendición de contas á cidadanía, facilitando o seguimento de plans públicos, informando o seu cumprimento.
- Plan de mellora da participación cidadá. Este Plan inclúe o desenvolvemento dunha Plataforma de Participación no Portal da Transparencia e a avaliación e mellora da participación en plans e programas públicos, a través de medios electrónicos e de redes sociais e en órganos colexiados. Ademais, contémplase a creación de Laboratorios de innovación para promover a participación en políticas públicas.
- Pegada normativa. Este compromiso traducirase no desenvolvemento dun sistema que mellore a rastrexabilidade do proceso de elaboración das normas e da participación cidadá nos trámites de consulta previa, información pública e tramitación normativa.
- Sistema de integridade pública. Esta iniciativa concrétase no diagnóstico e mellora dos sistemas de integridade pública, a través de mapas de riscos, códigos de conduta, enquisas de clima ético, guía de autoevaluación e formación de empregadas e empregados públicos
- Inclúe tamén a regulación dun rexistro de lobbys obrigatorio, a modificación da lei de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións públicas e o reforzo da Integridade pública en ámbitos sectoriais específicos como o da intelixencia artificial
- Protección de denunciantes. Para cumprir este compromiso, procederase á transposición ao ordenamento xurídico español a Directiva sobre protección das persoas que informen sobre infraccións do dereito da UE. Con iso, España contará cun marco xurídico uniforme que garanta a protección das persoas que faciliten información para a detección de delitos ou infraccións legais no seo dunha organización, xa sexa pública ou privada.
- Educación e formación. Inclúense accións educativas en Goberno Aberto dirixidas á cidadanía en xeral e ao público experto, a elaboración dunha guía sobre goberno aberto, así como a formación de empregadas e empregados públicos. Tamén se programou unha acción específica para reducir a fenda dixital, a través da formación e acreditación de competencias da muller rural.
- Comunicación inclusiva en Goberno Aberto. Coa finalidade de dar a coñecer os valores do goberno aberto, este oitavo compromiso recolle un Plan de comunicación inclusiva, a promoción do Goberno Aberto a nivel internacional, a investigación e debate avanzado en Goberno Aberto e a difusión da produción científica.
- Observatorio de Goberno Aberto, no que inicialmente participarán doce ministerios, pretende recoñecer e difundir as boas prácticas que desenvolvan a AA.PP. ao longo dos próximos catro anos.
O IV Plan de Goberno Aberto é resultado dun intenso proceso participativo que toma como referencia un Documento Marco, acordado en 2019, no seo da Comisión Sectorial de Goberno aberto na que participan todas as Administracións Públicas españolas e a comisión permanente do Foro de Goberno Aberto no que está representada a sociedade civil.
Acceso á infomración completa sobre Goberno Aberto aquí