O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública é a entidade responsable do tratamento dos datos de carácter persoal fornecidos polos usuarios nos Portais Web e na sede electrónica asociada do Departamento.
En conformidade co establecido no Regulamento Xeral de Protección de Datos, Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril do 2016, o Ministerio comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo con respecto aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos con confidencialidade. Para estes efectos, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
Este aviso legal é de aplicación ás páxinas dos Portais Web e da sede electrónica asociada do Departamento, non se garante nos accesos a través de ligazóns con estes sitios, nin ás ligazóns desde estes sitios con outras webs.
Os artigos 34.1 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (en diante, LOPDGDD), e 37.1 do Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (en diante RGPD), obrigan a designar un Delegado de Protección de datos cando o tratamento dos mesmos sexa realizado por unha autoridade ou organismo público.
Pode dirixirse ao De oegado de Protección de Datos a través de: dpd@digital.gob.es