A igualdade entre mulleres e homes é un principio universal recoñecido en diversos convenios e acordos internacionais de dereitos humanos, destacando a Convención sobre a Eliminación de Todas as Formas de Discriminación contra a Muller, adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 18 de decembro de 1979 e ratificada por España en 1983 .
A Constitución española de 1978 consagra este dereito fundamental no seu artigo 14, ao proclamar o dereito á igualdade e á non discriminación por razón de sexo. Así mesmo, o artigo 9.2 impón aos poderes públicos a responsabilidade de promover as condicións necesarias para que a igualdade das persoas e dos grupos.
A Lei Orgánica 3/2007 foi, e segue sendo, ou un alicerce fundamental na promoción da igualdade real entre mulleres e homes en España. A lei baséase no principio de acción positiva, establecendo obrigas para empresas e administracións públicas, promovendo a corresponsabilidade e combatendo a discriminación e o acoso sexual. Tamén salienta a transversalidade de xénero en todas as políticas públicas, consolidando unha igualdade real e efectiva como un alicerce do Estado democrático.