Existe unha Mesa Delegada para cada ámbito ministerial e en todo caso en:
- Institucións Penais.
- Dirección Xeral de Tráfico.
- Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- Instituto Nacional de Xestión Sanitaria.
- Entidades Xestoras de Seguridade Social: [Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), o Instituto Social da Mariña (ISM), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS) e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE)].
As materias obxecto de negociación nas Mesas Delegadas, referidas sempre ao seu ámbito de competencias, serán como mínimo as que teñan relación con:
- A aplicación das retribucións e sistemas de clasificación de postos de traballo e demais elementos de ordenación de recursos humanos.
- A aplicación dos horarios de traballo, calendarios, xornadas, vacacións, permisos, etc.
- A aplicación das medidas de saúde e seguridade laboral. A formación e promoción profesional.
- A acción social.
- Provisión de postos.
- Aquelas cuestións propias do ámbito.
- As que desenvolvan ou afecten á progresión profesional dos empregados públicos.
- Calquera outras que lles encomende expresamente a Mesa Xeral de Negociación da Administración Xeral do Estado ou non fosen obxecto de decisión por esta.
Composición das mesas delegadas: