EXCEDENCIA VOLUNTARIA POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS NOUTRA SUBESCALA DE FHN
Procederá declarar en situación de excedencia voluntaria por prestación de servizo noutro corpo ou escala, aos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional nunha determinada subescala da escala de habilitación de carácter nacional, cando se atopen en situación de servizo activo noutra subescala da mesma.
Documentación a presentar:
Acta de toma de posesión do posto que vai desempeñar noutra subescala.
Acta de toma de posesión e cesamento no posto da Subescala na que non se desexa permanecer.