Servizos noutras AAPP
Normativa de aplicación
A situación de servizo noutras Administracións Públicas atópase regulada en:
Supostos e requisitos
Serán declarados en situación de servizo noutras Administracións Públicas os funcionarios de carreira que, en virtude dos procesos de transferencias ou polos procedementos de provisión de postos de traballo, obteñan destino nunha Administración Pública distinta.
Características
Transferidos
- Os funcionarios transferidos ás comunidades autónomas intégranse plenamente na organización da Función Pública das mesmas, achándose na situación de servizo activo na Función Pública da comunidade autónoma na que se integran.
- As comunidades autónomas ao proceder a esta integración dos funcionarios transferidos como funcionarios propios, respectarán o Grupo ou subgrupo do corpo ou escala de procedencia, así como os dereitos económicos inherentes á posición na carreira que tivesen recoñecido.
- Os funcionarvos transferidos manteñen todos os seus dereitos na Administración Pública de orixe como se se achasen en servizo activo.
Provisión de postos de traballo
- Os funcionarios de carreira na situación de servizo noutras Administracións Públicas que se atopen na esta situación por obter un posto de traballo mediante os sistemas de provisión previstos neste Estatuto, réxense pola lexislación da Administración na que estean destinados de forma efectiva e conservan a súa condición de funcionario da Administración de orixe e o dereito a participar nas convocatorias para a provisión de postos de traballo que se efectúen por esta última. O tempo de servizo na Administración Pública na que estean destinados computaráselles como de servizo activo no seu corpo ou escala de orixe.
Órgano competente para a súa declaración
O órgano competente para a declaración da situación de servizo noutras Administracións Públicas será o Subsecretario do Departamento onde presta servizos o funcionario ou a funcionaria de carreira.