EXCEDENCIA VOLUNTARIA POR AGRUPACIÓN FAMILIAR
Poderá concederse a excedencia voluntaria por agrupación familiar aos funcionarios cuxo cónxuxe resida noutra localidade por obter e estar a desempeñar un posto de traballo de carácter definitivo como funcionario de carreira ou como laboral fixo en calquera das Administracións Públicas, organismos públicos e entidades de dereito público dependentes ou vinculados a elas, nos Órganos Constitucionais ou do Poder Xudicial e órganos similares das comunidades autónomas, así como na Unión Europea ou en organizacións internacionais.
Salvo que Vde. mostre a súa oposición expresa e motivada, esta Administración consultará de oficio o certificado de matrimonio acreditativo do vínculo.
Se non dá o seu consentimento deberá acreditar o vínculo matrimonial mediante a presentación de copia do certificado de matrimonio ou do libro de familia.
Documentación a presentar:
- Documento justificativo de que o cónxuxe reside noutra localidade por obter e estar a desempeñar un posto de traballo de carácter definitivo como funcionario de carreira ou como laboral fixo en calquera das Administracións Públicas.
- Declaración xurada de que o cónxuxe da persoa peticionaria non se atopa na mesma situación administrativa.