Contra as resolucións da Directora Xeral poderá interporse potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes desde que o mesmo fose notificado.
O prazo do que dispón a Administración para a súa resolución é dun mes, entendéndose desestimado se non se resolve neste prazo. A desestimación por silencio administrativo ten os sós efectos de permitir aos interesados a interposición do contencioso-administrativo que resulte procedente.
A interposición levarase a cabo a través do formulario que está ao seu dispor na sede electrónica desta Administración, e ao que pode acceder a través da ligazón:
No formulario deberá cubrir os datos necesarios para a correcta identificación do acto impugnado e poderá achegar os documentos que considere oportunos. Se desexa achegar varios documentos poderá facer como un único arquivo en formato zip/rar."