Relacións bilaterais

MEMORÁNDUM DE ENTENDEMENTO ENTRE PORTUGAL E ESPAÑA
En decembro de 2017 asinouse un memorándum de entendemento entre a Dirección Xeral da Administración e do Emprego Público da República Portuguesa e a Dirección Xeral de Función Pública de España, que ten por obxecto establecer un marco de colaboración e intercambio de experiencias e boas prácticas entre ambos os países en materia de función pública. As accións concretas que se recollen no memorándum de entendemento son as seguintes:
- Formación técnica-profesional.
- Intercambio de información e de documentación dispoñible.
- Organización de conferencias, simposios, seminarios ou congresos nas materias obxecto de cooperación.
- Programa de intercambio de funcionarios.
- Asesoramento e consultoría.
- Intercambio de datos estatísticos en materia de administración pública.
MEMORÁNDUM DE ENTENDEMENTO ENTRE MARROCOS E ESPAÑA
En 2014 asinouse un memorándum de entendemento entre o Ministerio de Función Pública e Modernización da Administración de Marrocos e a Secretaría de Estado de Administración Pública de España, coa finalidade de asegurar a modernización da administración pública, o fortalecemento da capacidade de xestión e o desenvolvemento dos recursos humanos.
O obxectivo concreto é establecer un marco de cooperación bilateral centrado en programas de interese común para ambos os países a través de accións talles como o intercambio de experiencias en materia de función pública ou a intensificación da cooperación entre a Escola Nacional de Administración (ENA) e o Instituto Nacional de Administración Pública (INAP).
Visitas de delegacións estranxeiras á Dirección Xeral da Función Pública
O 3 de xuño de 2017 recibiuse a visita dunha delegación do Ministerio de Interior de Corea do Sur. Esta delegación, encabezada polo Subdirector da División de Políticas de Asociación dos Funcionarios, estivo formada por 16 persoas, representantes tanto da administración nacional como da rexional, e foi recibida polo Subdirector Xeral de Relacións Laborais e a Subdirectora Xeral de Relacións con outras Administracións, ambos da Dirección Xeral da Función Pública.
O tema principal que se abordou ao longo da reunión foi o modelo español de negociación colectiva e outros mecanismos de negociación en España para os funcionarios.