EXCEDENCIA VOLUNTARIA POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS NO SECTOR PÚBLICO
Resultará de aplicación esta modalidade de excedencia cando o persoal funcionario de Administración Local con habilitación de carácter nacional teña de forma simultánea a condición de funcionario/a de carreira doutro corpo ou escala de calquera Administración pública e elixa prestar os seus servizos nesoutra Administración como funcionario dese corpo ou escala distinto ao de funcionario/a de Administración Local con habilitación de carácter nacional. Tamén se aplicará aos que pasen a prestar servizos como persoal laboral fixo en organismos ou entidades do sector público e non lles corresponda quedar nas situacións de servizo activo ou servizos especiais.
O desempeño de postos con carácter de funcionario interino ou de persoal laboral temporal non habilitará para pasar a esta situación administrativa, debendo, para este fin, e sempre que se cumpran os requisitos, solicitar excedencia por interese particular.
Documentación a presentar:
- Acta de toma de posesión ou documento justificativo da reincorporación ao Corpo ou Escala do correspondente como funcionario/a de carreira doutro corpo ou escala ou persoal laboral fixo.