Servizo activo
Normativa de aplicación
- Artigo 86 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público
- Artigo 3 do Real Decreto 365/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de Situacións Administrativas dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado
Supostos que implican o pase a esta situación e requisitos
Acharanse en situación de servizo activo quen presten servizos na súa condición de funcionarios público calquera que sexa a Administración ou organismo público ou entidade no que se atopen destinados e non lles corresponda quedar noutra situación.
Así mesmo, atoparanse en servizo activo:
- Cando se atopen en comisión de servizos
- Cando presten servizos en postos de traballo de niveis incluídos no intervalo correspondente ao seu Corpo ou Escala nos Gabinetes da Presidencia do Goberno, dos Ministerios, dos Secretarios de Estado e dos Delegados do goberno, e opten por permanecer nesta situación.
- Cando presten servizos nas cortes Xerais ou no Tribunal de Contas e non lles corresponda quedar noutra situación
- Cando accedan á condición de membros das Asembleas Lexislativas das Comunidades Autónomas e non perciban retribucións periódicas
- Cando accedan á condición de membros das Corporacións Locais, salvo que desempeñen cargo retribuído e de dedicación exclusiva
- Cando cesen nun posto de traballo por obter outro mediante procedementos de provisión, durante o prazo posesorio
- Cando se atopen nas dúas primeiras fases de reasignación de efectivos
- No suposto de cesamento progresivo de actividade
Características da situación
- Os funcionarios de carreira en situación de servizo activo gozan de todos os dereitos inherentes á súa condición e quedan suxeitos aos deberes e responsabilidades derivados da mesma.