Servizos especiais
O persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional (FHCN) deberá solicitar o pase a esta situación administrativa en calquera dos supostos seguintes:
- Cando sexan designados membros do Goberno ou dos órganos de goberno das comunidades autónomas e cidades de Ceuta e Melilla, membros das institucións da Unión Europea ou das organizacións internacionais, ou sexan nomeados altos cargos das citadas administracións públicas ou institucións.
- Cando sexan autorizados para realizar unha misión por período determinado superior a seis meses en organismos internacionais, gobernos ou entidades públicas estranxeiras ou en programas de cooperación internacional.
- Cando sexan nomeados para desempeñar postos ou cargos en organismos públicos ou entidades, dependentes ou vinculados ás administracións públicas que, de conformidade co que estableza a respectiva administración pública, estean asimilados no seu rango administrativo a altos cargos.
- Cando sexan adscritos aos servizos do Tribunal Constitucional ou do Defensor do Pobo ou destinados ao Tribunal de Contas nos termos previstos no artigo 93.3 da Lei 7/1988, do 5 de abril, de funcionamento do Tribunal de Contas.
- Cando accedan á condición de Deputado ou Senador das Cortes Xerais ou membros das asembleas lexislativas das comunidades autónomas se perciben retribucións periódicas pola realización da función. Aqueles que perdan esta condición por disolución das correspondentes cámaras ou terminación do mandato das mesmas poderán permanecer na situación de servizos especiais ata a súa nova constitución.
- Cando se desempeñen cargos electivos retribuídos e de dedicación exclusiva nas asembleas das cidades de Ceuta e Melilla e nas entidades locais, cando se desempeñen responsabilidades de órganos superiores e directivos municipais e cando se desempeñen responsabilidades de membros dos órganos locais para o coñecemento e a resolución das reclamacións económico-administrativas.
- Cando sexan designados para formar parte do Consello Xeral do Poder Xudicial ou dos consellos de xustiza das comunidades autónomas.
- Cando sexan elixidos ou designados para formar parte dos órganos constitucionais ou dos órganos estatutarios das comunidades autónomas ou outros cuxa elección corresponda ao Congreso dos Deputados, ao Senado ou ás asembleas lexislativas das comunidades autónomas.
- Cando sexan designados como persoal eventual por ocupar postos de traballo con funcións expresamente cualificadas como de confianza ou asesoramento político e non opten por permanecer na situación de servizo activo.
- Cando adquiran a condición de funcionarios ao servizo de organizacións internacionais.
- Cando sexan designados asesores dos grupos parlamentarios das Cortes Xerais ou das asembleas lexislativas das comunidades autónomas.
- Cando sexan activados como reservistas voluntarios para prestar servizos nas Forzas Armadas.
Ao FNCH que se ache en situación de servizos especiais, reservaráselle, cando o posto de traballo desempeñado con anterioridade fose obtido mediante o sistema de concurso, un posto de traballo na mesma entidade local, do seu grupo de titulación e as mesmas garantías retributivas.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
- Instancia electrónica (a cubrir directamente na sede)
- Acta de toma de posesión ou certificado que acredite o nomeamento ou designación nalgún dos supostos previstos no artigo 87.1 citado.
- Informe da Administración onde toma posesión, no que se motive que este posto se atopa incluído nun dos apartados do artigo 87 do TREBEP *
SOLICITUDE TELEMÁTICA (ACCEDA)
A solicitude presentarase a través a sede electrónica :
https://sede.administracionespublicas.gob.es/inicio de sesión/index/idp/363
PRAZO DE TRAMITACIÓN: 3 Meses
SENTIDO DO SILENCIO: Positivo
NORMATIVA DE REFERENCIA
A situación de Servizo noutras Administracións públicas regúlase con carácter básico no artigo 87 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
Tamén resulta de aplicación o disposto nos artigos 58 e 59 do Real Decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional.
MÁIS INFORMACIÓN: As consultas máis frecuentes recolléronse nas apartado "Situacións Administrativas" das "Preguntas frecuentes".