Novedades
PROMOCIÓN INTERNA A CATEGORIA SUPERIOR
No día 31 de xaneiro de 2025 publicáronse no BOE as seguintes ordes de nomeamento como funcionarios de carreira nas Subescalas de Secretaría, categoría superior, e Intervención-Tesouraría, categoría superior.
ESTABILIZACIÓN (CONCURSO-OPOSICIÓN)
No día 20 de Xaneiro de 2025 publicáronse no BOE as seguinte ordes de nomeamento como funcionarios de carreira e asignación de primeiro destino no marco da estabilización do emprego temporal (concurso-oposición).
CONCURSO ORDINARIO 2024
No día 21 de febreiro de 2025 publicouse a corrección de erros da relación individualizada de méritos xerais para o Concurso Ordinario 2024.
Resolución do 14 de abril de 2025, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se amplía o prazo de resolución do concurso ordinario para o ano 2024 para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional, convocado por Resolución do 10 de xaneiro de 2025.
Resolución do 30 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Función Pública, pola que se efectúa formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de provisión de postos de traballo reservados a persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional.
OFERTA CURSOS DE FORMACIÓN
Comunícase que con data 13 de Xaneiro de 2025, a Subdirección de formación local do Instituto de Administración Pública realizou unha oferta de formación en materia de contratación pública para concellos.
PUBLICACIÓN DE RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA UNITARIO 2022
Con data de hoxe, 5 de setembro, publicouse a Resolución do 30 de agosto de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se resolve o concurso unitario de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional.