Inscrición de titulacións
Información xeral
As titulacións académicas valoraranse como mérito xeral ata un máximo de 2,50 puntos.
Dentro de cada titulación, a valoración do nivel superior excluirá a dos inferiores.
Puntuación
Titulacións académicas:
1) Títulos Oficiais de Doutor: 2,50 puntos
2) Títulos Oficiais de Máster Universitario ou Licenciado: 2 puntos
3) Títulos Universitarios Oficiais de Grao: 1,50 puntos
Titulacións inscribibles
As titulacións académicas inscribibles a partir do 24 de agosto de 2021:
1) Deberán versar sobre a rama do coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas, no ámbito da Administración e Xestión Pública, Ciencias Políticas, Socioloxía, Ciencias Xurídicas, Dereito, Economía, Administración e Dirección de Empresas, Administración e Xestión da Innovación, Economía Financeira e Actuarial, Ciencias do Traballo, Relacións Laborais e Recursos Humanos.
2) Deberán atoparse recollidas no anexo á Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 16 de agosto de 2021 que inclúe as seguintes titulacións, as cales se agruparon por niveis e por universidade para facilitar a súa localización:
a. Doutoramento
b. Máster
c. Licenciado
d. Grao
e. Dobre grao
Non serán obxecto de valoración, os másteres cursados dentro dos procesos selectivos de acceso á Escala de funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional.
Se Vde. xa solicitou a inscrición da súa titulación con anterioridade non é necesario que volva solicitar a súa inscrición. No próximo baremo a mesma puntuarase conforme os criterios establecidos na nova Orde.
Se Vde. desexa inscribir unha nova titulación que non figurase xa inscrita a tramitación levarase a cabo a través do formulario dispoñible na sede electrónica: https://sede.administracionespublicas.gob.es/procedementos/portada/ida/0/idp/304
Títulaciones non incluídas na resolución
As titulacións que non estean incluídas na Resolución do 16 de agosto de 2021 non poderán inscribirse. A relación de titulacións poderá ser actualizada con carácter periódico.