Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE)

A OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico) naceu oficialmente o 30 de setembro de 1961 co obxectivo de promover políticas que axuden a mellorar o benestar económico e social ao longo de todo o mundo.
A Dirección Xeral da Función Pública participa no Grupo de Traballo PEM (Public Employment and Management Working Party) da OCDE, o cal depende da Dirección de Gobernación Pública e Desenvolvemento Territorial (Directorate for Public Governance and Territorial Development).
O obxectivo do grupo PEM é a xestión de recursos humanos e, en concreto, analizar como os gobernos poden aproveitar ao máximo o seu persoal para alcanzar obxectivos políticos e promover os principios de boa gobernación.
Reunións
O Grupo de Traballo de Emprego Público (PEM) do Comité de Gobernación Pública da OCDE celebra unha reunión plenaria anual, á que asisten representantes de máis de trinta países e organismos internacionais. A última reunión plenaria celebrouse de forma telemática o 22 de abril de 2021.