Que é o emprego público, e que tipo de empregadas e empregados públicos existen?
Persoal empregado público é todo aquel traballador ou traballadora que desempeña funcións ao servizo do interese xeral, con retribucións económicas por parte das Administracións Públicas. Clasifícanse en persoal funcionario de carreira, funcionario interino, persoal laboral ou persoal eventual.
Persoal funcionario de carreira
É aquel que, en función dun nomeamento legal, traballa para unha administración pública realizando servizos profesionais retribuídos de carácter permanente.
Agrúpase en corpos e escalas polo carácter homoxéneo das funcións que realiza. Estes corpos e escalas poden ser:
- de carácter xeral, xa que exercen funcións que poden ser desenvolvidas en distintos departamentos.
- de carácter especial, por exercer funcións especializadas dentro dunha única organización.
Coñece cales son os corpos xerais e os especiais na seguinte ligazón Listada de corpos xerais e especiais da Administración Xeral do Estado.
Adicionalmente, o persoal funcionario clasifícase en grupos (Grupo A e C), e dentro destes, en subgrupos (subgrupos A1, A2, C1 e C2), en función da titulación requirida para acceder:

Por exemplo, o “Corpo Superior de Administradores Civís do Estado”, é de carácter xeral e os seus membros pertencen ao grupo A1, mentres que o “Corpo de Técnicos de Facenda”, é de carácter especial, e os seus membros pertencen ao grupo A2.
Persoal laboral
É aquel que, en virtude de contrato de traballo formalizado por escrito, presta servizos retribuídos polas Administracións Públicas. O persoal laboral está tamén categorizado en diferentes grupos profesionais, en base á titulación esixida para acceder.

Para máis información sobre os diferentes tipos de empregadas e empregados públicos e as súas características, podes consultar o “Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público”.
En relación ao persoal laboral, a maior parte deste colectivo está suxeito ao “IV Convenio colectivo único para o persoal laboral da Administración Xeral do Estado”, aínda que existen outros convenios sectoriais.