Neste informe estúdase o grao de satisfacción dos cidadáns con ao redor de cincuenta políticas e servizos públicos que son responsabilidade dos distintos niveis de goberno e administración en España. No documento tamén se recolle unha análise da axenda pública, entendendo por tal o conxunto de asuntos que son obxecto dunha ampla atención por parte da cidadanía. Neste sentido, o obxectivo do documento non é simplemente o de describir o grao de satisfacción dos cidadáns cos servizos. Tamén se trata de subliñar as cuestións susceptibles de mellora en relación cos servizos que prestan os distintos gobernos froito da análise comparada das actitudes dos cidadáns que residen en cada Comunidade Autónoma.
A pretensión última desta análise é a xeración de información que poida servir para mellorar a axenda política, é dicir, o conxunto de temas sobre os que quen gobernan consideran oportuno intervir, e para alimentar unha adopción de decisións cada vez máis responsable e informada independentemente o nivel de goberno que sexa titular ou xestor dos mesmos.