Na actualidade, as Administracións Públicas Locais están suxeitas a un maior índice de esixencia determinado polas expectativas que a cidadanía ten sobre o servizo que se lles debe prestar.
É por tanto esencial que avaliemos o noso labor, como maneira de detectar as melloras que deberiamos acometer en resposta a esta demanda.
Esta Guía explica os diferentes Modelos de Avaliación da Calidade do Servizo que poden ser usados polos nosos Gobernos Locais. É unha revisión e actualización da Guía V da colección de Guías de Apoio á Calidade da Xestión Pública Local, que foi publicada fai agora algo máis de 5 anos.