Os cidadáns como usuarios do servizo que lles facilita a Administración, teñen dereito tanto a coñecer con detalle os servizos que lles poden ofrecer como a recibilos cunha calidade mínima esixible. Neste contexto aparecen as Cartas de Servizo, documentos a través dos cales os Organismos Públicos informan os cidadáns sobre os servizos que xestionan e acerca dos compromisos de calidade que se marcaron na súa prestación.
Esta Guía contén unha descrición das Cartas de Servizos, a súa tipoloxía e contido, o proceso de elaboración, o seu seguimento e o procedemento para a súa certificación. É unha revisión e actualización da Guía III da colección de Guías de Apoio á Calidade da Xestión Pública Local, que foi publicada fai agora algo máis de 5 anos.