A presente guía pretende proporcionar unhas orientacións prácticas para elaborar e certificar unha carta de servizos de calquera organización pública. Por esta razón, ten unha vocación non prescriptiva senón de carácter orientativo e está dirixida a todo tipo de administracións públicas, aínda cando nela se recollen elementos do Real Decreto 951/2005, do 29 de xullo, polo que se establece o marco xeral para a mellora da calidade na Administración Xeral de Estado.
Ademais de nesta regulación, o seu contido está inspirado en normas e publicacións aceptadas no ámbito administrativo, como son a Norma UNE 93200:2008 de Requisitos das Cartas de servizos, a Guía da Asociación Española para a Calidade, a Guía editada pola European Public Administration Network e a Guía para a implantación de Cartas de servizos publicada polo extinto Ministerio de Administracións Públicas nos anos 2000, 2003 e 2006.
Considerando que o proceso de elaboración dunha carta de servizos ten a súa conclusión natural non só na implantación da mesma na organización, senón na certificación do seu nivel de calidade, a guía estrutúrase en dúas partes –unha referida ao proceso de elaboración dunha carta de servizos e a segunda, ao proceso de certificación.