Nomeamento de funcionarios de carreira do Corpo de Enxeñeiros Técnicos de Especialidades Agrícolas

08/04/2021

En el Boletín Oficial del estado de 6 de abril se publicó la Resolución de 29 de marzo de 2021, por la que nombran funcionarios de carrera del Cuerpo de Ingenieros Técnicos de Especialidades Agrícolas.

O Corpo de Enxeñeiros Técnicos en Especialidades Agrícolas é un corpo especial da Administración Xeral do Estado adscrito ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Trátase dunha oposición do Subgrupo A2.

Esta profesión quedou regulada como carreira eminentemente técnica e co obxectivo inicial de dotar aos servizos administrativos do Estado con persoal experto no uso das novas tecnoloxías agrarias e agroalimentarias.

Este inicio marcou a profesión outorgándolle un marcado carácter público dentro dos corpos de funcionarios da Administración, actualmente con atribucións en distintas áreas do ámbito agrícola:

  • Dirección de explotacións agrarias
  • Construcións e regadíos
  • Ordenación do territorio e medio ambiente
  • Industrias agrarias e alimentarias
  • Valoración e topografía

Para participar no proceso selectivo os aspirantes han de ter o título de Enxeñeiro Técnico Agrícola ou equivalente, ou do título de Grao que habilite para o exercicio desta profesión regulada segundo establece a normativa vixente.

O proceso selectivo consiste nunha oposición de tres exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio, e dun cuarto exercicio de carácter voluntario.

Exercicios de carácter obrigatorio:

  • Contestar por escrito un cuestionario tipo test.
  • Desenvolver por escrito dous ou máis temas do temario, posteriormente lidos en sesión pública ante o Tribunal.
  • Desenvolver por escrito un suposto práctico que será posteriormente lido en sesión pública ante o Tribunal.

El ejercicio de carácter voluntario consiste en una prueba no eliminatoria de inglés o francés.

Posteriormente, os aspirantes que superen o proceso realizarán un curso selectivo.

Máis información