Actos conmemorativos do Día das Nacións Unidas para a Administración Pública

26/06/2020

O 23 de xuño celebrouse o día das Nacións Unidas para a Administración Pública, xornada que estivo dedicada ás empregadas e empregados públicos que loitaron contra a COVID-19.

A irrupción da pandemia produciuse no contexto de implementación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, polo que o papel das empregadas e empregados públicos foi determinante e coadxuvou a elevar a conciencia e comprensión do papel dos traballadores públicos en tempos de crises.

Ademais, a ONU entregou ao Ministerio de Xustiza o premio ao Servizo Público 2020, por contribuír á consecución dunha administración pública máis efectiva e receptiva que avanza na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, a través da implantación da sede xudicial electrónica, expediente electrónico e as medidas previstas no programa #Justicia2030 para impulsar a xustiza dixital nunha contorna segura, sustentable e accesible para a cidadanía.

A información sobre os eventos celebrados con motivo dese día pode consultarse nesta ligazón