Por acordo da Comisión Coordinadora de Inspeccións Xerais de Servizos elaborouse un manual sobre Metodoloxía das Auditorías Funcionais que pon a disposición das Inspeccións de Servizos uns modelos estándares de actuación.
A guía metodolóxica de Auditoría Funcional para Inspectores de Servizos da Administración Xeral do Estado, publicada en decembro de 2009, serve de instrumento común nos distintos Ministerios e nos seus Organismos públicos dependentes, sen prexuízo das especificidades de cada ámbito departamental.
Na guía combínanse o estudo teórico sobre a auditoría de funcionamento, como control interno das organizacións desde unha visión integral das unidades administrativas, e o enfoque práctico dirixido cara á execución dun plan de actuación inspectora.
De forma secuenciada recóllense as distintas fases na planificación e desenvolvemento dunha auditoría funcional e compleméntase o traballo con dous anexos. O primeiro anexo presenta un guión de auditoría funcional e o segundo anexo describe algunhas das frecuentes técnicas de obtención de datos.