Curso sobre Goberno Aberto e Cidadanía. Transparencia, participación e colaboración

02/03/2022

O Goberno Aberto é unha forma de gobernación das Administracións máis transparente, colaborativa, ética e cunha rendición de contas máis clara. Implica maior participación da cidadanía nos asuntos do seu interese.

España forma parte da Alianza para o Goberno Aberto desde 2011 e levou a cabo varios Plans de Acción de Goberno Aberto que actúan como panca para alcanzar o obxectivo de desenvolvemento sustentable 16 da Axenda 2030: construír sociedades xustas, pacíficas e inclusivas.

O Centro de Estudos Políticos e Constitucionais, en execución do vixente IV Plan de Goberno Aberto, organiza un curso destinado a proporcionar formación avanzada sobre as novas tendencias, aplicacións, casos e tecnoloxías nos diferentes eixos do Goberno Aberto e a súa relación coa cidadanía.

Trátase dun curso gratuíto e enteiramente virtual dirixido a persoal do sector público, terceiro sector e mundo académico que se celebrará entre o 2 de marzo e o 7 de abril de 2022.

Máis información a través desta ligazón