Publicouse o extracto do BOE de 8 febreiro de 2022 da resolución pola que se convocan 16 bolsas de formación para titulados universitarios. Estas bolsas distribúense en 12 para a área de Administración pública e 4 para a área de Biblioteconomía e Documentación.
O obxectivo destas axudas é promover a formación de profesionais e o desenvolvemento de estudos e investigacións relacionados cos obxectivos estratéxicos do INAP: dixitalización de recursos bibliográficos e biblioteca dixital, impacto científico editorial das publicacións do Instituto; administración aberta; modelos de xestión baseados en competencias profesionais; planificación estratéxica orientada a resultados; innovación pública para unha administración intelixente, e xestión colaborativa do coñecemento.
Prazo de presentación de solicitudes desde o 9 de febreiro de 2022 ata o 1 de marzo inclusive na aplicación da sede do INAP de solicitudes de bolsas.
Máis información na páxina da sede do INAP de bolsas de formación; no correo electrónico becas@inap.es e nos teléfonos 91 273 1319 / 9138.