O Consello de Ministros aproba o proxecto de reforma do artigo 49 da Constitución Española

12/05/2021

O Consello de Ministros do 11 de maio aprobou o Proxecto de reforma do artigo 49 da Constitución Española, relativo á protección e promoción dos dereitos das persoas con discapacidade en España.

Esta reforma supone un paso adelante en la configuración del Estado social proclamado en nuestra Constitución, centrado en el apartado dedicado a los principios rectores de la política social y económica, más concretamente, en la protección de las personas con discapacidad. Con ello se persigue intensificar la incidencia de estos principios en la realidad social sobre la que se proyectan y avanzar así en la protección social de aquellos sectores de la población que más lo precisan.

A reforma do artigo 49 da Constitución Española realizouse partir da proposta da Comisión para as políticas integrais da discapacidade e contou coa participación do colectivo de persoas con discapacidade, representado por CERMI.

En primeiro lugar, modifícase a terminoloxía que emprega o artigo para referirse agora ao colectivo das persoas con discapacidade. Desta maneira, actualízase a linguaxe dunha forma que reflicte os propios valores da Constitución e a dignidade inherente a este colectivo.

En segundo lugar, refórmase a estrutura do artigo en coherencia coa multiplicación dos enfoques desde os que se aborda a discapacidade. Así, divídese o precepto en catro apartados, cada un dos cales reflicte unha dimensión diferente da protección das persoas con discapacidade.

En terceiro lugar, modifícase o contido do artigo, para adaptalo ás concepcións actuais sobre a protección das persoas con discapacidade, que xa non se basean na concepción médico-rehabilitadora que subxace na súa redacción orixinal.

Deste xeito ponse a énfase sobre os dereitos e deberes dos que son titulares as persoas con discapacidade, como cidadáns libres e iguais.

A situación de especial vulnerabilidade das mulleres e nenas con discapacidade xustifica claramente que o novo artigo 49 da Constitución faga unha alusión expresa á atención específica das súas necesidades.

Finalmente, e como cláusula de peche, faise unha referencia á protección que ofrecen os tratados internacionais ratificados por España que velan polos dereitos das persoas con discapacidade.

Podes ver o texto articulado do novo artigo 49 da constitución en Referencia do Consello de Ministros