O 5 de novembro publicouse no Boletín Oficial do Estado, a resolución do Secretario de Estado de Política Territorial e Función Pública, pola que se nomean funcionarios de carreira do Corpo Superior de Inspectores de Seguros do Estado.
Trátase dun corpo adscrito ao Ministerio de Economía e Transformación Dixital, ao que lle corresponde o exercicio das funcións de control e inspección das entidades aseguradoras e de aforro, plans e fondos de pensións e corretaxes de seguros. Ademais encárgase, entre outras funcións, da autorización do inicio, transformación e cesión de carteira relativa ás entidades de seguros e a elaboración da normativa relacionada co seguro e plans e fondos de pensións.
Para acceder a este cuerpo, es requisito contar con el título de Licenciado, Ingeniero, Arquitecto o Grado.
A fase de oposición consta dos seguintes exercicios:
- Primeiro exercicio: Consiste na resolución por escrito dun cuestionario de 20 preguntas que o Tribunal proporá para cada un dos dous grupos de materias: xurídico-económica ou actuarial.
- Segundo exercicio: Consiste na resolución por escrito de catro casos prácticos de Contabilidade, un por cada unha das partes do temario.
- Terceiro exercicio: Idiomas
- Cuarto exercicio: Consistirá na resolución, por escrito, de cinco cuestións teórico-prácticas sobre operacións financeiras.
- Quinto exercicio: Consistirá en expor, de forma oral, catro temas extraídos ao azar, coa seguinte distribución: un tema do programa de Dereito Constitucional, Administrativo e Comunitario, e tres temas do programa de Seguros e Fondos de Pensións.
Os aspirantes que superasen a fase de oposición realizarán un curso selectivo, que será organizado polo Instituto de Estudos Fiscais, coa finalidade de adquirir coñecementos para o exercicio das funcións propias dese Corpo. No curso selectivo incluirase un módulo en materia de igualdade entre mulleres e homes e outro en materia de violencia de xénero.
As oportunidades de emprego do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, poden consultarse na seguinte ligazón.