Unha das competencias da Dirección Xeral de Gobernación Pública é a inspección e mellora dos servizos da Administración Xeral do Estado e dos organismos públicos vinculados, fixación de criterios que faciliten a atención aos cidadáns mediante a análise integral de queixas e suxestións, determinación de criterios xerais para a definición de programas ministeriais das Inspeccións Xerais de Servizos departamentais e seguimento da súa implantación, promoción, dirección e coordinación de plans de inspección específicos para avaliar a eficacia e eficiencia dos servizos, e promoción de programas de formación especializada e intercambio das metodoloxías e técnicas aplicadas.
A racionalización, a simplificación e a axilización dos procesos de traballo e procedementos de xestión son obxectivos da inspección de servizos.